Rosendo Fernández participa na reunión da Comisión de Deputacións provinciais, Cabildos e Consellos Insulares, en Tenerife

Compartir

 

Ourense, 9 de novembro de 2018.- O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, participou hoxe na sede do Cabildo Insular de Tenerife, na reunión da Comisión de Deputacións, Cabildos e Consellos Insulares da Federación Española de Municipios e Provincias, onde se abordaron aspectos relacionados coas experiencias provincias sobre o reto demográfico e o impacto do Real Decreto 1234/2018, do 5 de outubro, que contempla unha convocatoria de 80 millóns de euros dirixida aos municipios de menos de 10.000 habitantes co obxectivo de contribuír a fixar a poboación ao territorio, entre outros asuntos.

Neste Real Decreto establécense as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais para o financiamento de proxectos de emprego, autoemprego e emprendemento colectivo, para afrontar o reto demográfico nos municipios de menor poboación, no marco do Programa Operativo de Emprego Xuvenil do Fondo Social Europeo.