Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar o vindeiro luns, 25 de setembro, a presentación do curso oficial de piloto de drons en situacións de emerxencia. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do presidente do Consorcio Provincial de Ourense para o servizo contra Incendios e de Salvamento, Pablo Pérez; e do CEO de Aerocámaras, Jaime Pereira.