A Xunta ofrece axudas a "toda a cadena" de produción audiovisual para facer o sector "competitivo"

Compartir
  • O apoio de festivais como o OUFF enmárcase nas axudas de AGADIC.

  •  programa Cinemas de Galicia leva o cine a municipios sen salas.

  •  A Filmoteca de Galicia mantén a súa colaboración cos cineclubes locales para proxectar cine de autor.

Ourense, 4 de diciembre.- O director da Axencia Galega de Industrias Culturais (AGADIC), Jacobo Sutil, presentou este xoves as axudas á produción audiovisual coas que a Xunta de Galicia busca "que se poidan facer proxectos competitivos". A presentación tivo lugar no marco do Ourense Film Festival (OUFF), certame que, como comentou o seu coordinador técnico, Aurelio Gómez, "ten que ser a plataforma de comunicación de todo aquilo que teña que ver co audiovisual" en Galicia.

Jacobo Sutil explicou que as axudas que xestiona AGADIC cubren "toda a cadea de produción", dende a idea dun proxecto ata a súa difusión, e que resultan "fundamentais" para o crecemento do sector audiovisual na rexión.

En termos xerais, AGADIC conta con liñas de axuda para o desenvolvemento de proxectos na súa fase inicial, para que "cando cheguen á fase de produción cheguen con máis calidade"; para a realización de longametraxes, documentais, curtametraxes ou produtos para televisión; tamén para a promoción do talento en curtametraxes e guións; por suposto para a internacionalización das producións galegas, de modo que poidan competir en mercados extranxeiros; e, por último, para a difusión de todas estas creacións.

Nesta última liña de axudas enmárcase o soporte aos festivais, como o OUFF, cuxa 23ª edición "non sería posible sen o apoio da Xunta", en palabras de Aurelio Gómez.

Dentro das medidas para difundir as creacións audiovisuais galegas destacan o programa Cinemas de Galicia, que permite o acceso a unha pantalla grande en lugares onde non hai salas comerciais, e que se desenvolve en varios municipios galegos dende 2014; así como a colaboración entre a Filmoteca de Galicia e os cineclubes locais para proxectar cine menos comercial e, segundo Manuel Precedo, presidente da Federación de Cineclubes de Galicia (Feciga), rico en "diversidade e valores educativos".

Precedo tamén aproveitou a presentación para poñer en valor a colaboración entre o OUFF e o Cine Club Padre Feijoo, no que se puideron ver algunhas seccións paralelas, e remarcar que "Ourense é unha cidade cinéfila".