Manuel Baltar recibe ao presidente da Confederación hidrográfica Miño-Sil
Ourense, 10 de decembro de 2018.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu hoxe no Pazo Provincial ao presidente da Confederación hidrográfica Miño-Sil, José Antonio Quiroga, na súa primeira visita á institucional provincial. Na reunión, Baltar e Quiroga analizaron as actuacións que en materia medioambiental se están a levar a cabo na provincia de Ourense e o presidente da Deputación desexoulle éxitos na súa xestión ao fronte da CHMS.