- Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar a presentación dos "Concertos da Ourensanía" da Coral de Ruada. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; e o presidente e vicepresidente da Coral de Ruada, Samuel Lago e Emilio Rodríguez, respectivamente.