III Conferencia de presidentes provinciais, en Segovia

Compartir
.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participa mañá xoves, 5 de outubro, na III Conferencia de presidentes provinciais, que se celebra no Alcázar de Segovia. Neste cumio de máximos dirixentes provinciais, que tivo a súa orixe en Ourense en 2014, participan 21 representantes de gobernos locais intermedios, e na sesión inaugural de mañá xoves Manuel Baltar analizará xunto aos presidentes de Valencia, Cáceres, e Palencia e o Ministerio de Facenda os ámbitos da fiscalidade e orzamentos. A Conferencia de presidentes provinciais ten como obxectivo debater e coordinar experiencias de xestión e explorar liñas de cooperación entre administracións.