A Deputación de Ourense mellorará o abastecemento da localidade de Vilaza, en Monterrei

Compartir

  • Manuel Baltar e José Luís Suárez asinaron hoxe un convenio de colaboración entre as dúas administracións, por medio do cal a institución provincial destina un orzamento de 40.000 euros.

Ourense, 17 de xaneiro de 2019.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar e o alcalde de Monterrei, José Luís Suárez, asinaron hoxe un convenio de colaboración entre as dúas institucións, por medio do cal a Deputación de Ourense destina un orzamento de 40.000 euros para a mellora do abastecemento da localidade de Vilaza, en Monterrei. "Trátase dunha actuación necesaria e importante para o municipio de Monterrei, que foi demandada polo seu alcalde no seu momento e que, polo tanto, está recollida nos orzamentos deste ano 2019, aprobados na sesión plenaria do pasado mes de setembro, o que nos permite traballar coas nosas máximas: previsión, planificación e cooperación, para a mellora da calidade dos servizos que se prestan aos nosos veciños", explicou Baltar.