Manuel Baltar recibe á presidenta do Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei

Compartir

Ourense, 14 de febreiro de 2019.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu hoxe no Pazo Provincial a Lara da Silva, presidenta do Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei, reunión na que avaliaron a situación actual desta denominación de orixe, así como a colaboración que presta a Deputación de Ourense en cuestións tan importantes como a axuda anual que achega a institución provincial ás catro denominacións de orixe vitivinícolas da provincia de Ourense -50.000 euros a cada unha para colaborar no labor de difusión, promoción e gastos de funcionamento da denominación-, e tamén falaron da achega prestada pola Deputación para a adquisición da nova sede social e de afrontar no futuro unha colaboración para as melloras de dita sede, "así como para seguir a folla de ruta que ten moi clara a presidenta da denominación de orixe, referida ao ámbito promocional e da máxima profesionalización do sector", afirma Manuel Baltar, quen cualificou a reunión de "moi frutífera", destacando "a alianza existente entre a Deputación de Ourense e un sector produtivo tan importante como o vitivinícola, e cunha denominación de orixe tan puxante e con tanto futuro como é a de Monterrei", expresou o presidente do goberno provincial.