Manuel Baltar recibe a Carlos Mella
Ourense, 20 de febreiro de 2019.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu hoxe no Pazo Provincial ao presidente da fundación Castelao, Carlos Mella, con que analizou temas referidos á vindeira chegada a Ourense do cadro A derradeira leición do mestre, obra icónica de Alfonso R. Castelao. Baltar e Mella concordaron na importancia e significación que para a provincia de Ourense terá o feito "de unir" a Rodolfo Prada e a Castelao nun mesmo espazo: a antiga biblioteca do Pazo Provincial, onde repousan temporalmente as cinsas do insigne galeguista ourensán dos Peares, Rodolfo Prada Chamochín, e a súa dona, Manuela Fraga.