A Deputación de Ourense apoia a participación da estación de Manzaneda nun proxecto medioambiental "Horizonte 2020" da UE

Compartir

  • "A iniciativa suporía para a estación de montaña de Manzaneda ser pioneira na participación nun proxecto H2020, afianzando a súa estratexia de respecto ao medio ambiente e á sostibilidade", afirma Manuel Baltar.

Ourense, 23 de febreiro de 2019.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, deu luz verde á que a Deputación de Ourense apoie a participación da estación de montaña de Manzaneda nun proxecto medioambiental "Horizonte 2020" da Unión Europea, unha iniciativa que lidera a Universidade de Bruxelas e que permitiría á estación de Manzaneda "ser pioneira na participación nun proxecto H2020, afianzando a súa estratexia de respecto ao medio ambiente e á sostibilidade", afirma Baltar.

Desta maneira, a institución provincial ofrece o seu apoio á participación de MEISA no proxecto de investigación e desenvolvemento H2020 RENAISSANCE "Integración renovable e sostible en comunidades enerxéticas" (Renewable Integration and sustainability in energy communities)", que exploraría as tendencias futuras da demanda enerxética e a integración de enerxías renovables, como Piloto Demostrador das solucións desenvolvidas no proxecto. Para elo, co soporte de Everis Ingeniería, implantaría sistemas de enerxía renovable e de almacenamento de enerxía eléctrica; disporía dun sistema de testeo de novas estratexias de resposta á demanda enerxética, así como de novas tipoloxías de contratos de enerxía e de instalacións de tomas de carga para vehículos eléctricos e dotación destes.

O proxecto, liderado pola Universidade de Bruxelas (VUB), e que foi presentado ao presidente Baltar polo director de MEISA, Gustavo Samartín, e polo director de Everis, Miguel Ángel Casas, terá unha duración de 36 meses e contará coa participaran de quince entidades públicas e privadas de Bélxica, Reino Unido, Polonia, Grecia, Holanda, Italia, España, China, India e EEUU. O orzamento é de seis millóns de euros.

Horizonte 2020 é o Programa Marco de Investigación e Innovación da UE que se executará de 2014 a 2020. Ten como obxectivo construír unha sociedade e unha economía de primeiro orde a escala mundial, baseadas no coñecemento e a innovación no conxunto da Unión, ademais de contribuír a un desenvolvemento sostible. A iniciativa expón un modelo replicable para deseñar e operar sistemas locais integrados de enerxía que teñan un nivel alto e estable de aceptabilidade social.

O proxecto pretende demostrar que sistemas locais de enerxía poden cumprir ou superar o obxectivo de 27% de RES (fontes de enerxía renovables) a un costo enerxético igual ou inferior ás solucións actuais, así como alcanzar unha masa crítica de participación do 15-20 % dos cidadáns e empresas.

Para lograr os obxectivos contempla: identificar negocios estables e equitativos para as comunidades locais de enerxía; deseñar modelos de negocio para sistemas de enerxía local integrados e descarbonizados en contornas delimitadas; ofrecer unha plataforma para a xestión integrada e a entrega de valores a todos os participantes; demostrar comunidades con sistemas de enerxía renovables maior do 27 % cun custe de enerxía igual ou inferior de soluciones actuais, e probar o enfoque do proxecto en dez lugares do mundo en condicións de mercado.