O presidente da Deputación, Manuel Baltar, participará o vindeiro luns, 16 de outubro, na presentación da I Andaina solidaria Concello de Taboadela, en favor de Alistair, o neno da parroquia de Torán, que padece parálise cerebral. O acto, que terá lugar na sala de xuntas do Pazo Provincial, contará asemade coa participación dos concelleiros de Taboadela Jose Antonio Paz e Juan Manuel Guede; con María Soledad Ferrero, nai de Alistair, e con Alistair Bain.