A Deputación de Ourense, a piques de acadar a "débeda cero" e sitúa seu aforro en cifras récord

Compartir

  • Os datos da liquidación do exercicio orzamentario de 2018 reflicten que se acadou o maior remanente de tesourería da seria histórica (34,5 millóns de euros), e un resultado orzamentario de 27,9 millóns de euros.

Ourense, 6 de marzo de 2019.- A liquidación do orzamento 2018 da Deputación de Ourense reflicte que a institución provincial está a piques de acadar a "débeda cero", obxectivo marcado polo presidente Manuel Baltar, e tamén sinalan que se acadou o maior remanente de tesourería da serie histórica (34,5 millóns de euros), cun resultado orzamentario superior aos 27,9 millóns.

Trátase de cifras históricas, afirma o presidente do goberno provincial, quen afirma que "Sen xestión, non hai política", logo de coñecer os resultados da liquidación do ano orzamentario 2018. "Os datos non podían ser mellores", expresa, e posicionan á Deputación de Ourense nunha estupenda posición para seguir desenvolvendo proxectos de envergadura".

"O persoal ao servizo desta institución interpretou perfectamente as directrices do noso plan de mandato. Iso quere dicir que hai unha planificación, somos previsibles, cúmprense obxectivos e estas son as cousas que importan á provincia de Ourense, presentar unhas contas como ningunha outra pode presentar, sendo os primeiros en aprobar as do ano seguinte en toda España", afirma Baltar.

"A Deputación chega a todo o territorio, e mesmo máis aló, é capaz de traballar no ámbito da identidade, e estas actuacións fan que sintamos un orgullo de traballar nesta institución, que se proxecta nacional e internacionalmente nos foros de vangarda a través das redes de gobernos provinciais", expresa Baltar.

O remanente de tesourería –a solvencia ou capacidade económica dunha administración para afrontar as débedas– chegou a 34,5 millóns de euros, fronte aos 26,4 de 2017; os 26,7 de 2016 e 2015; ou os 25 millóns de 2014. Asemade, o fondo líquido nas contas ascende a 47,7 millóns de euros, e o resultado orzamentario –a diferencia entre ingresos e gastos, excluídos activos financieiros– foi en 2018 de 27,9 millóns, por riba dos 23,3 millóns do exercicio anterior e dos 18 millóns de 2016.

"Estes datos poñen en valor a boa xestión dos recursos públicos e amosan un excelente comportamento económico e financieiro da Deputación de Ourense", afirma Manuel Baltar.