A Deputación de Ourense promoverá o "turismo gastronómico" colaborando coa asociación "Amigos da Cociña Galega"
Ourense, 16 de marzo de 2019.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reuniuse con directivos da asociación "Amigos da Cociña Galega" con quen falou de temas relativos á promoción do turismo gastronómico, con marcado protagonismo ourensán, confirmando o apoio da institución provincial a esta entidade gastronómica para o funcionamento e a xestión desta organización e a realización de actividades de difusión da nosa cociña. Na reunión celebrada no Pazo Provincial participaron xunto ao presidente Baltar o presidente e vicepresidente de "Amigos da Cociña Galega", Javier Outomuro (restaurante A Taberna) e Paco Gómez (A Feira), respectivamente, acompañados por Anxo Fernández (La Viuda, de Trives).
Baltar agradeceu a "Amigos da Cociña Galega" "o labor que realiza para difundir as excelencias da cultura gastronómica e o que iso leva consigo para potenciar as tradicións culinarias galegas, defendendo sempre a calidade e poñendo en valor os nosos produtos autóctonos".