O alcalde de San Amaro e o presidente da Deputación acordan liñas de cooperación entre ambas entidades

Compartir

 

Ourense, 18 de marzo de 2019.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu hoxe ao alcalde de San Amaro, Fernando Rodríguez Redondo, con quen analizou temas de cooperación entre ámbalas dúas institucións, local e provincial, para avanzar en melloras de servizos e infraestruturas no municipio de San Amaro.

No encontro, que tivo lugar esta mañá no Pazo Provincial, acordaron liñas de cooperación fundamentalmente en cuestión relacionadas con reparacións de equipamentos en locais sociais e tamén melloras de infraestruturas viarias e deportivas, necesarias para o municipio. O encontro entre o presidente do goberno provincial e o alcalde de San Amaro atopou a total receptividade por parte de ambos, concordando en desenvolver iniciativas de cooperación en beneficio dos veciños deste concello nesta etapa de colaboración.