Manuel Baltar visita o mosteiro de Rocas co xornalista Iker Jiménez

Compartir

Ourense, 4 de abril de 2019.- A Semana das Industrias Culturais e Creativas "Ourense ICC Week", que organiza a Deputación de Ourense, segue consolidándose como un referente no ámbito nacional e acolle a persoeiros tan importantes como as deseñadoras que participaron na apertura deste evento -sobre a creatividade e o mundo da moda- e o xornalista e investigador Iker Jiménez, quen aproveitou a súa presenza en Ourense, logo de participar onte nun multitudinario acto no Teatro Principal, no marco da ICC Week, para visitar hoxe o mosteiro de San Pedro de Rocas -unha das xoias da provincia-, acompañado polo presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar. "Un mosteiro –dixo Baltar- cheo de lendas, entre as que figuran, próxima a este lugar no Concello de Esgos, a de Manuel Blanco Romasanta, o lobishome, un motivo máis para que persoas con criterio, prescriptoras de opinión, se acheguen á nosa riqueza histórica e patrimonial e divulguen as excelencias da nosa provincia que, coa chegada da alta velocidade, verá incrementado expoñencialmente o número de visitantes. Esa é, precisamente, unha das finalidades da "Ourense ICC Week": mesturar o máis innovador co histórico, a vangarda coa tradición, en definitiva, unir lugares con séculos de historia con debates de máxima actualidade. O obxectivo está conseguido e agardamos que a ICC Week remate co éxito desexado", expresou Manuel Baltar.