Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación dos XXII Xogos Autonómicos de Fútbol Sala de Special Olympics Galicia. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do presidente de Special Olympics Galicia, Eladio Fernández; do presidente da Asociación As Burgas, Antonio Ricón; e do concelleiro de Deportes do Concello de Ourense, Mario Guede.