A Deputación de Ourense recorrirá a sentenza que anula a adquisición do arquivo de La Región

Compartir

Ourense, 28 de maio de 2019.- Os servizos xurídicos da Deputación de Ourense recorrirán a sentenza, non firme, que anula a adquisición por parte do ente provincial do arquivo histórico do xornal La Región. Logo de estudar a resolución xudicial, os servizos xurídicos determinaron interpoñer o correspondente recurso contra do fallo do xulgado Contencioso-Administrativo número 1 de Ourense.