Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación do Curso de especialización en técnicas de Benestar: Hidrotermais – Balneoterapia. O acto contará coa participación da deputada provincial de Termalismo, Ana Villarino; da xefa do departamento de Estética e da directora médica de Caldaria, María José Lebón e Dolores Fernández Marcos; e do director de Lito Seoane, Luis Seoane.