Rosendo Fernández participa na presentación do XXIII Congreso Internacional Galicia-Norte de Portugal de Formación para o Traballo
Ourense, 14 de setembro de 2023.- Ourense e Celanova acollerán os vindeiros días 23, 24 e 25 de novembro o XXIII Congreso Internacional Galicia-Norte de Portugal de Formación para o Traballo, que terá como lema desta edición: "Mantras para a formación, a orientación e o emprego na interseccionalidade social, tecnolóxica e persoal".
Á presentación deste importante evento formativo, presidida pola presidenta do comité organizador, Margarita Valcarce Fernández, asistiu o deputado de Representación Institucional, quen valorou a importancia deste tipo de actividades e o apoio da Deputación ás mesmas, froito do principio de cooperación institucional.