Primeira reunión da xunta de portavoces da Deputación do mandato 2019-2023

Compartir

Ourense, 9 de xullo de 2019.- A xunta de portavoces da Deputación de Ourense para o mandato 2019-2023 celebrou hoxe a súa primeira reunión no Pazo Provincial, coa participación dos representantes dos grupos políticos que integran a corporación provincial. Presidida polo presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, na reunión participaron os deputados Plácido Álvarez (PP); Rafael Rodríguez Villarino (PSOE); Miguel Caride (DO); Montserrat Lama (Ciudadanos) e Bernardo Varela (BNG). Na reunión tratáronse temas referidos ao pleno extraordinario de organización, que terá lugar o vindeiro 16 xullo no Pazo Provincial.

Previamente, o presidente Baltar reuniuse co portavoz do BNG na Deputación, Bernardo Varela López, dentro da rolda de contactos que vén mantendo cos máximos responsables dos grupos políticos que conforman a corporación provincial para este mandato, co obxectivo de preparar o pleno de organización e analizar cuestións relativas ás dedicacións, persoal eventual, axudas para o funcionamento dos grupos políticos e temas de organización e desenvolvemento dos plenos.