No Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense terá lugar a presentación da exposición "Esto no es un selfie", de Adolfo Domínguez. O acto contará coa participación do deputado provincial de Cultura, Manuel Doval; do director do Centro Cultural, Francisco González; e do director de Comunicación de Adolfo Domínguez, Mario Ávila.