O vicepresidente segundo, César Fernández, participa na presentación do Festival RIR de Allariz
Allariz, 4 de agosto de 2023.- O vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, César Fernández, en calidade de deputado de Cultura, Educación e Deporte, participou esta mañá na presentación do VI Festival Internacional de Curtas de Comedia, RIR, que se celebrará en Allariz do 4 ao 9 de setembro.
No acto, que se desenvolveu no Campo dos Brancos, César Fernández puxo en valor o apoio da Deputación ourensá a este tipo de iniciativas. A cultura, dixo, é un dereito da ciudadanía "que as institucións públicas teñen o deber de promover". Con todo, o vicepresidente segundo subliñou "o factor extratéxico de dinamización do territorio" que tamén cumpren estas actividades.
A información sobre festival pode consultarse en festivalrir.com