Víctor Prieto entrega a Manuel Baltar o blue-ray do seu concerto Live at Berklee College

Compartir

Ourense, 31 de xullo de 2019.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu hoxe no Pazo Provincial ao acordeonista Víctor Prieto, quen lle fixo entrega do blue-ray do seu concerto Live at Berklee College, edición numerada limitada, un traballo que o presidente do goberno provincial valorou como "un éxito profesional inédito para un ourensán internacional, un gran mestre do acordeón e referente do jazz máis actual, quen un ano máis protagonizou unha máster-class internacional en Ourense fai semanas. Todo un orgullo", destacou Manuel Baltar.