O Campamento Urbano de Amencer celebra o seu "Día do Parlamento" na Deputación

Compartir

  • Armando Ojea recibiu a setenta rapaces, de 11 e 12 anos, que visitaron o Pazo Provincial para protagonizar unha sesión plenaria xuvenil.

Ourense, 7 de agosto de 2019.- O vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, Armando Ojea, recibiu hoxe no Salón de Plenos do Pazo Provincial, a setenta rapaces, de entre 11 e 12 anos, que están a participar no Campamento Urbano de Amencer e que visitaron o Pazo Provincial para celebrar o seu "Día do Parlamento" protagonizando unha sesión plenaria xuvenil.

Armando Ojea destacou a importancia de desenvolver este tipo de iniciativas, enmarcadas no programa de actividades do Campamento Urbano de Amencer, porque achegan as institucións públicas á mocidade ourensá. Ademais, o vicepresidente segundo da Deputación de Ourense explicoulles aos rapaces o funcionamento do Salón de Plenos do goberno provincial que, posteriormente, acolleu unha sesión plenaria xuvenil na que debateron propostas para incluír tres novos días no Campamento.