Reunión de Manuel Baltar co conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia
Ourense, 8 de agosto de 2019.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, mantivo hoxe unha xuntanza de traballo, no Pazo Provincial, co conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia, Román Rodríguez, para avaliar os proxectos que desenvolven conxuntamente o goberno provincial e autonómico, así como para analizar as futuras actuacións durante este novo mandato local. A situación de MEISA, que celebrará o Consello de administración no mes de setembro, foi outros dos temas abordados durante o encontro.