Manuel Baltar recibe a medalla da cofradía do Viño de Monterrei

Compartir
  • O presidente da Deputación de Ourense recibiu dita distinción no transcurso da inauguración da XIV edición desta feira vitivinícola.

Ourense, 9 de agosto de 2019.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu hoxe en Verín, a medalla da cofradía do Viño de Monterrei no transcurso da inauguración da XIV edición da Feira do Viño desta Denominación de Orixe, trala visita aos diferentes stands presentes na celebración que terá lugar do 9 ao 11 de agosto.

Na inauguración tamén participaron a presidenta do Consello Regulador, Lara Da Silva, quen entregou a medalla de novo cofrade ao presidente da Deputación de Ourense; o alcalde de Verín, Gerardo Seoane, encargado de entregar outra das medallas de novo cofrade a Luis Cid Congil; o subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, entregoulle a medalla de novo cofrade ao bispo Leonardo Lemos; e o conselleiro de Medio Rural, José González, quen entregou a medalla de novo cofrade a Paula Vázquez. O pregón desta XIV edición correu a cargo de Rubén Ríos.