Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación da IV Carreira Popular do Concello de Monterrei. O acto contará coa participación do deputado provincial, Manuel Doval; do asesor de Deportes da Deputación de Ourense, Bernardino González; do alcalde e do responsable de Deportes do Concello de Monterrei, José Luís Suárez e Marcos Meno, respectivamente; do presidente da Asociación Deportiva Limia Activa, Óscar Gómez; e do responsable de Protección Civil de Verín, Manuel Alfonso.