Reunión da directiva do Círculo de Empresarios de Galicia na Deputación de Ourense

Compartir

Ourense, 18 de setembro de 2019.- A xunta directiva do Círculo de Empresarios de Galicia celebrou hoxe unha sesión deste órgano na sala de xuntas da Deputación de Ourense, á que asistiu o presidente do goberno provincial, Manuel Baltar. A reunión, na que participaron os membros da xunta directiva, encabezados pola presidenta do Círculo de Empresarios de Galicia, Patricia García, e empresarios, como o ourensán Emilio Pérez Nieto, enmárcase dentro das actividades de colaboración que vén mantendo a organización empresarial coa Deputación de Ourense, con iniciativas de cooperación nos ámbitos do emprendemento, investimento, internacionalización e networking, "liñas de colaboración que contribúen a potenciar as sinerxias entre ámbalas dúas entidades e a favorecer a competitividade económica da provincia de Ourense, sempre con ese talante cooperador que amosa o Círculo de Empresarios de Galicia", destacou Manuel Baltar.