A Deputación de Ourense aproba o orzamento para 2020, que ascende a 85,7 millóns de euros
- A institución provincial volve ser a primeira de España en aprobar os seus presupostos, os máis altos na historia do goberno provincial ourensán.
- No pleno do mes de setembro, celebrado hoxe, tamén se aprobou inicialmente o Plan provincial de cooperación ás obras e servizos municipais, e do Plan especial de cooperación para o cofinanciamento de obras promovidas polo Concello de Ourense.
- A corporación provincial aprobou, asemade, a incoación de expedientes para o outorgamento da medalla de ouro da provincia a Acisclo Manzano, e para o nomeamento de fillo predilecto a Alfredo Conde.
Ourense, 27 de setembro de 2019.- A Deputación de Ourense aprobou inicialmente hoxe, no pleno ordinario correspondente ao mes de setembro, o orzamento da institución provincial para 2020, que ascende a un importe de 85,7 millóns de euros. Desta maneira, a institución provincial volve ser a primeira de España en aprobar os seus presupostos, que encaran os novos retos da provincia, sendo este o orzamento o máis alto da historia do goberno provincial ourensán.
No pleno tamén se aprobou inicialmente o Plan provincial de cooperación ás obras e servizos municipais (6,2 millóns); e o Plan especial de cooperación para o cofinanciamento de obras promovidas polo Concello de Ourense, que permite a realización de 26 obras por importe de 10,4 millóns de euros. Asemade, deuse luz verde á incoación de expedientes para o outorgamento da medalla de ouro da provincia ao escultor Acisclo Manzano, e para o nomeamento de fillo predilecto do escritor Alfredo Conde.
A totalidade dos acordos plenarios aprobados hoxe son os seguintes:
APROBACIÓN DA CONTA XERAL DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL, DO INSTITUTO OURENSÁN DE DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO, DO CONSORCIO PROVINCIAL DO SERVIZO CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO E DO CONSORCIO DE AUGAS DE VALDEORRAS CORRESPONDENTE AO EXERCICIO 2018
Acordo:
1º.- Aprobar as contas xerais correspondentes ao exercicio 2018, de acordo do establecido no artigo 212.4 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, co seguinte detalle:
Primeiro.- Conta Xeral da Deputación Provincial de Ourense do exercicio 2018, da que se obteñen os seguintes datos:
• Resultado orzamentario axustado: 27.910.463,69 €
• Remanente de tesourería para gastos xerais: 34.512.081,67€
Documento asinado electrónicamente (Lei 39/2015, de 1 de outubro). A autenticidade deste documento pode ser comprobada mediante o CSV: 12433271660157137512 en https://sede.depourense.es
• Balance de situación: 2.541.836.706,77 €
• Resultado económico patrimonial: -75.630.951,19 €
Segundo: Conta Xeral do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico do exercicio 2018, da que se obteñen os seguintes datos:
• Resultado orzamentario axustado: 226.679,21 €
• Remanente de tesourería para gastos xerais: 300.971,15 €
• Balance de situación: 17.432.058,03 €
• Resultado económico patrimonial: 106.093,29 €
Terceiro.- Conta Xeral do Consorcio provincial de servizo contra incendios e salvamento do exercicio 2018, da que se obteñen os seguintes datos:
• Resultado orzamentario axustado: 428.397,46 €
• Remanente de tesourería para gastos xerais: 1.658.450,49 €
• Balance de situación: 9.391.293,84€
• Resultado económico patrimonial:- 142.650,79 €
Cuarto.- Conta Xeral do Consorcio de augas de Valdeorras do exercicio 2018, da que se obteñen os seguintes datos:
• Resultado orzamentario axustado: 205.047,06 €
• Remanente de tesourería para gastos xerais: -402.454,92 €
• Balance de situación: 855.237,85 €
• Resultado económico patrimonial: 170.483,41 €
2º.- Proceder á rendición da conta xeral correspondente ao exercicio 2018 ao Consello de Contas de Galicia, cumprindo co preceptuado no artigo 212.5 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo.
DELEGACIÓN NA DEPUTACIÓN DO EXERCICIO DAS COMPETENCIAS DE RECADACIÓN ENVÍA EXECUTIVA DA TAXA POLA LIMPEZA DE TERREOS E SOARES, DA TAXA POLA SUBMINISTRACIÓN DE AUGA E DO IMPOSTO SOBRE CONSTRUCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS DO MUNICIPIO DE CENLLE
Acordo:
Aceptar a delegación de competencias efectuada polo Concello de Cenlle a favor da Deputación Provincial, mediante acordo de 28 de abril de 2019, para a recadación executiva da taxa pola limpeza de terreos e soares, da taxa pola subministración de auga e do imposto sobre construcións, instalacións e obras, nas condicións recollidas no acordo de delegación do Concello de Cenlle, sendo en todo caso de aplicación as seguintes condicións xerais:
a) O contido da delegación abranguerá o exercicio das facultades para a realización da recadación en vía executiva, ditando os actos administrativos necesarios para a xestión dos ditos procedementos, incluída a emisión da providencia de constrinximento e resolución dos recursos administrativos contra os actos de recadación executiva.
b) Para o exercicio da competencia delegada o concello debería remitir as certificacións de descuberto do tributo ao que se refire. Documento asinado electrónicamente (Lei 39/2015, de 1 de outubro). A autenticidade deste documento pode ser comprobada mediante o CSV: 12433272154056551445 en https://sede.depourense.es
c) A taxa para satisfacer polo concello pola prestación do servizo de recadación en período executivo será o 100% da recarga de constrinximento que debe pagar o debedor tributario conforme co establecido no artigo 6, apartado b) da Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación dos servizos de xestión, inspección e recadación da Deputación Provincial de Ourense. A Deputación deducirá da transferencia do importe recadado a cantidade correspondente á taxa liquidada, sen prexuízo da notificación da dita liquidación na forma prevista no artigo 9 da Ordenanza fiscal.
d) A presente delegación estará vixente a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia durante un prazo de catro anos, prorrogándose tacitamente por períodos de 4 anos se ningunha das partes mostra expresamente a súa vontade en contra, comunicándollo á outra cunha antelación non inferior a 6 meses á data sinalada o
u á de calquera dos períodos de prórroga.
EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DOS CRÉDITOS ORZAMENTARIOS E DAS BASES DE EXECUCIÓN DO ORZAMENTO DO EXERCICIO 2019 MEDIANTE SUPLEMENTOS DE CRÉDITO E CRÉDITOS EXTRAORDINARIOS N.º 4/2019
Acordo: Aprobar inicialmente a modificación de créditos do expediente. Detalle:
SUPLEMENTOS DE CRÉDITO. GASTOS DE INVESTIMENTOS
APLICACIÓN EXPRESIÓN IMPORTE €
334.20/627.00 Actividades culturais e recreativas. Adquisición Patrimonio Cultural
150.000,00 €
450.12/619.02 Cooperación Provincial. Reparación vías municipais
48.000,00 €
450.12/762.01 Cooperación Provincial. A Concellos subvencións
6.693.841,70 €
231.11/789.00 Acción social. A institucións sen ánimo de lucro 238.000,00 €
924.12/789.00 Participación veciñal. A institucións sen ánimo de lucro
30.000,00 €
Total SC. Gastos de investimentos 7.159.841,70 €
CONSORCIO PARA O SERVIZO CONTRA INCENDIOS E DE SALVAMENTO
Acordo:
1º. Aprobar inicialmente o expediente de modificación de créditos do Orzamento do Consorcio Provincial de Ourense para o Servizo Contra Incendios e de Salvamento (Núm. 2/2019), e a súa integración no Orzamento xeral da Deputación. Contido:
SUPLEMENTOS DE CRÉDITO. GASTOS DE INVESTIMENTOS
APLICACIÓN EXPRESIÓN IMPORTE €
136/62200 Servizo de prevención e extinción de incendios. Edificios e outras construcións 19.000,00
136/62400 Servizo de prevención e extinción de incendios. Elementos de transporte 155.787,50
SUPLEMENTOS DE CREDITO. GASTOS CORRENTES
136/13000 Servizo de prevención e extinción de incendios. Laboral fixo. Retribucións básicas 25.000,00
136/16000 Servizo de prevención e extinción de incendios. Cotas sociais 10.000,00
136/21400 Servizo de prevención e extinción de incendios. Elementos de transporte 5.000,00
136/22000 Servizo de prevención e extinción de incendios. Ordinario no inventariable 3.000,00
136/22200 Servizo de prevención e extinción de incendios. Servizo de telecomunicacións. 2.500,00
136/22201 Servizo de prevención e extinción de incendios. Postais 1.500,00
136/22400 Servizo de prevención e extinción de incendios. Primas de seguros 1.000,00
136/23000 Servizo de prevención e extinción de incendios. Dietas 2.000,00
136/23100 Servizo de prevención e extinción de incendios. Locomoción 2.500,00
136/22706 Servizo de prevención e extinción de incendios. Estudos e traballos técnicos 4.000,00 €
RESUMO
Suma suplementos de crédito. Gastos de Investimentos 174.787,50 €
Suma suplementos de crédito. Gastos correntes en bens e servizos 166.900,00 €
TOTAL SUPLEMENTO DE CREDITO 341.687,50 €
APROBACIÓN INICIAL DO ORZAMENTO XERAL DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE PARA O EXERCICIO 2020
Acordo:
1º.- Aprobar inicialmente o orzamento xeral da Deputación Provincial de Ourense para o ano 2020, co detalle que figura nos resumos seguintes:
A) ENTIDADE LOCAL.-
Estado de gastos:
Capítulo 1.- Gastos de persoal 34.086.299,30 €
Capítulo 2.- Gastos correntes en bes e servizos 20.433.588,99 €
Capítulo 3.- Gastos financeiros 19.139,13 €
Capítulo 4.- Transferencias correntes 13.008.618,69 €
Capítulo 5. Fonde de continxencia 10.000,00 €
Capítulo 6.- Investimentos reais 12.294.409,02 €
Capítulo 7.- Transferencias de capital 4.845.744,47 €
Capítulo 8.- Activos financeiros 300.000,00 €
Capítulo 9.- Pasivos financeiros 702.200,40 €
Total gastos 85.700.00,00 €
Estado de ingresos:
Capítulo 1.- Impostos directos 4.900.000,00 €
Capítulo 2.- Impostos indirectos 4.390.000,00 €
Capítulo 3.- Taxas, prezos públicos e outros ingresos 4.784.879,37 €
Capítulo 4.- Transferencias correntes 70.099.569,53 €
Capítulo 5.- Ingresos patrimoniais 139.875,50 €
Capítulo 6.- Alleamento de investimentos reais 21.000,00 €
Capítulo 7.- Transferencias de capital 1.064.675,60 €
Capítulo 8.- Activos financeiros 300.000,00 €
Total ingresos 85.700.000,00 €
B) INORDE
Estado de gastos:
Capítulo 1.- Gastos de persoal 1.041.007,65 €
Capítulo 2.- Gastos correntes en bes e servizos 654.849,35 €
Capítulo 4.- Transferencias correntes 334.180,00 €
Capítulo 6.- Investimentos reais 74.963,00 €
Capítulo 8.- Activos financeiros 5.000,00 €
Total gastos 2.110.000,00 €
Estado de ingresos:
Capítulo 3.- Taxas, prezos públicos e outros ingresos 2.020,00 €
Capítulo 4.- Transferencias correntes 1.861.925,48 €
Capítulo 5.- Ingresos patrimoniais 11.153,81 €
Capítulo 7.- Transferencias de capital 234.900,71 €
Total ingresos 2.110.000,00 €
2º.- Aprobar as bases de execución do orzamento xeral, segundo figuran no expediente.
3º.- Aprobar os cadros de persoal, que se dividen en persoal funcionario, laboral e eventual, de acordo co art.126 do Texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, aprobado por Real decreto lexislativo 781/1986.
4º.- De acordo co art. 169 da LRFL, o orzamento xeral será exposto ao público, previo anuncio no Boletín Oficial da Provincia, polo prazo de 15 días hábiles, durante os que os interesados poderán examinalos e presentar reclamacións ante o Pleno. O orzamento considerarase definitivamente aprobado se durante o citado prazo non se presentasen reclamacións.
APROBACIÓN INICIAL DAS BASES REGULADORAS DO PLAN PROVINCIAL DE COOPERACIÓN ÁS OBRAS E SERVIZOS MUNICIPAIS E DA REDE VIARIA PROVINCIAL PARA O EXERCICIO 2020
Acordo:
Aprobar inicialmente as bases reguladoras do Plan provincial de cooperación ás obras e servizos municipais e da rede viaria provincial para o exercicio 2020.
1ª) Obxecto.
Constitúe o obxecto das presentes bases a regulación dos procedementos de elaboración e execución do Plan provincial de cooperación ás obras e servizos municipais e da rede viaria provincial para o exercicio 2020.
2ª) Estrutura do Plan provincial de cooperación 2020. Distribución dos investimentos por concellos.
1. O Plan provincial de cooperación ás obras e servizos municipais para o exercicio 2020 comprenderá as seguintes clases de investimentos:
- Investimentos en obras de mellora e conservación da rede viaria provincial, de titularidade da Deputación Provincial.
- Investimentos en obras de competencia municipal, preferentemente as necesarias para a efectiva prestación dos servizos municipais obrigatorios enumerados no artigo 26 da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases do réxime local, modificada por Lei 27/2013, do 27 de decembro, de racionalización e sustentabilidade da administración local.
2.O Plan provincial 2020, tanto no apartado da rede viaria provincial coma no relativo ás obras municipais (neste caso ata o importe máximo establecido para cada termo municipal nestas bases) financiarase na súa integridade pola Deputación Provincial de Ourense, resultando en consecuencia o seguinte cadro básico de financiamento:
Obras municipais:
• Deputación Provincial: 100,00 % Obras da Rede Viaria Provincial:
• Deputación Provincial: 100 %
3.Non obstante, no caso das obras municipais, os concellos voluntariamente poderán efectuar achegas adicionais para o financiamento das obras, alterándose automaticamente o cadro de financiamento neses supostos. Doutra banda, incluiranse igualmente no Plan Provincial, todas aquelas obras para as que os concellos soliciten a súa inclusión, dotadas de financiamento exclusivamente municipal ou procedente doutras administracións públicas, para os efectos de obter a declaración de utilidade pública de cara a posibilitar a obtención de terreos mediante expropiación forzosa.
4.A distribución do investimento prevista no Plan Provincial 2020 é a seguinte:
a.Investimento total previsto na Rede Viaria Provincial: 1.500.000,00 € Achega da Deputación á RVP (100%): 1.500.000,00 €
b.Investimento total previsto en obras municipais (incluída a Entidade Local Menor de Berán): 4.716.000,00 €, dos cales 4.440.000,00 € destinados á execución material das obras e 276.000,00 € destinados a servizos complementarios á execución das obras. Subvención Deputación obras municipais (100,00 %): 4.716.000,00 €,
5.A distribución territorial por concellos do investimento en obras municipais efectuarase mediante a asignación a cada concello da provincia dunha cota alícuota de investimento subvencionado, resultando un investimento por termo municipal de 51.000,00 €; da dita cantidade, 48.000,00 € destinaranse ao financiamento dos contratos de execución material das obras e 3.000,00 € ó financiamento dos contratos de servizos complementarios á execución das obras (con especial consideración das asistencias técnicas para a redacción de proxectos, a dirección facultativa e a coordinación de seguridade e saúde das actuacións).
O investimento con cargo a fondos provinciais asignado a cada concello poderá dedicarse a unha ou varias obras, a elección dos concellos, podendo supoñer o seu financiamento íntegro ou parcial, sempre e cando as obras correspondan a competencias municipais.
MODIFICACIÓN DO CONVENIO DE COOPERACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN E OS CONCELLOS DE CENLLE, PUNXÍN E SAN AMARO
Acordo:
1º) Aprobar a modificación do convenio de cooperación entre a Deputación Provincial de Ourense e os concellos de Cenlle, Punxín e San Amaro para contratación do servizo de explotación e mantemento e da subministración de enerxía eléctrica das instalacións de abastecemento en alta Razamonde–San Trocado, incorporando as seguintes modificacións:
a) Engádese un novo sub - apartado c) no apartado 1 da cláusula 3 (contido da delegación de competencias) co seguinte texto:
c) O mantemento correctivo das instalacións intermunicipais (tanto de reparación como de substitución) por calquera das fórmulas legalmente posibles (execución por administración, contrato con terceiros ou encomenda á concesionaria provincial – Aquaourense, Sociedade provincial de Augas e Medio ambiente SA). Esta delegación comprende tanto a adopción de acordos en materia de mantemento correctivo como a súa execución. Para as actuacións con importe superior a 20.000 € requirirase o visto e prace dos tres concellos ou a validación pola comisión de seguimento, vixilancia e control do convenio, por acordo adoptado por unanimidade.
Elimínase o parágrafo segundo do apartado 2 da cláusula 3.
Modifícase a cláusula 4 (réxime económico da delegación) coa nova seguinte redacción do sub - apartado a) do punto 1:
Os custes derivados do contrato do servizo de explotación e mantemento da infraestrutura, así como os das actuacións de reparación e/ou substitución, repartiranse entre os concellos conforme ás seguintes porcentaxes:
40% Cenlle
25% Punxín
35% San Amaro
2ª) Trasladar este acordo aos concellos interesados, e ordenar a publicación do texto definitivo do convenio, unha vez aprobado polos concellos, para xeral coñecemento.
APROBACIÓN DE ADENDA MODIFICATIVA AO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A C.H. DO MIÑO-SIL, A DEPUTACIÓN DE OURENSE E O CONCELLO DE VILAMARÍN PARA O FINANCIAMENTO, EXECUCIÓN E ENTREGA, PARA O SEU MANTEMENTO E CONSERVACIÓN, DAS OBRAS DE MELLORA DO TRATAMENTO NA EDAR DO PARQUE EMPRESARIAL DE VILAMARÍN
1º. Aprobar a addenda modificativa do convenio de colaboración entre a C.H. do Miño-Sil, a Deputación de Ourense e o Concello de Vilamarín para o financiamento, execución e entrega, para o seu mantemento e conservación, das obras de mellora do tratamento na EDAR do Parque empresarial de Vilamarín no Concello de Vilamarín (Ourense), consonte coas seguintes cláusulas:
PRIMEIRA.-Modificación do apartado primeiro da cláusula segunda. Modifícase o segundo parágrafo do apartado primeiro da cláusula segunda, que queda redactado do seguinte modo:
A súa vixencia concluirá o 31 de decembro de 2021. Porén, se nesa data non teñen rematado as actuacións obxecto do mesmo ni se ten procedido á recepción das obras, liquidación do contrato, finalización do prazo de garantía, e entrega das obras, e consonte ao establecido na cláusula quinta, os asinantes do convenio poderán acordar unanimemente a súa prórroga por un período de ata catro anos adicionais.
INCOACIÓN DE EXPEDIENTE PARA O OUTORGAMENTO DA MEDALLA DE OURO DA PROVINCIA DE OURENSE AO INSIGNE ESCULTOR OURENSÁN DON ACISCLO ROGELIO MANZANO FREIRE
Acordo:
1º.- Incoar o expediente para o outorgamento da medalla de ouro da provincia de Ourense ao insigne escultor ourensán don Acisclo Rogelio Manzano Freire.
2º.- Designar á deputada provincial dona Ana Patricia Torres Madureira como instrutora do expediente, conforme co que dispón o capítulo III do Regulamento de honores e distincións da Deputación. O deputado instrutor actuará asistido polo asesor de política cultural don Aurelio Gómez Villar, que actuará como secretario do expediente.
INCOACIÓN DE EXPEDIENTE PARA O NOMEAMENTO DE FILLO PREDILECTO DA PROVINCIA DE OURENSE AO INSIGNE ESCRITOR OURENSÁN DON ALFREDO CONDE CID
Acordo:
1º.- Incoar o expediente para o nomeamento de fillo predilecto da provincia de Ourense ao insigne escritor ourensán don Alfredo Conde Cid.
2º.- Designar ao deputado provincial don César Manuel Fernández Gil como instrutor do expediente, conforme co que dispón o capítulo III do Regulamento de honores e distincións da Deputación. O deputado instrutor actuará asistido polo asesor de política cultural don Aurelio Gómez Villar, que actuará como secretario do expediente.
APROBACIÓN INICIAL DO PLAN ESPECIAL DE COOPERACIÓN PARA O COFINANCIAMENTO DE OBRAS PROMOVIDAS POLO CONCELLO DE OURENSE (2019-2020)
Acordo:
Aprobar inicialmente o Plan Especial de Cooperación ás obras promovidas polo Concello de Ourense (2019-2020), co seguinte contido:
Constitúe o obxecto do presente Plan Especial de Cooperación ás Obras promovidas polo Concello de Ourense (2019-2020), articular a cooperación e asistencia económica deste Deputación ás obras, todas elas de competencia municipal, promovidas polo concello que de seguido se detallan:
NÚM. DENOMINACIÓN IMPORTE
1 Proxecto de acondicionamento de traseiras Roi Paez-A Milagrosa 159.429,62 €
2 Proxecto de mellora de accesibilidade na rúa Arias Paez e zona de influencia 294.946,05 €
3 Proxecto de rehabilitación de firmes e melloras nas rúas e beirarrúas de Covadonga: Júpiter e outras 568.154,67 €
4 Proxecto de urbanización rúa Miradoiro e primeiro treito Camiño da Lebre 555.044,02 €
5 Proxecto de acondicionamento de rúa Salto do Can e rúa Carballo 920.333,89 €
6 Proxecto deurbanización polideportivo de Oira zona de aparcamento tras 358.992,42 €
7 Proxecto de acondicionamento do treito inicial do paseo fluvial de Oira, ata a rúa Alfredo Brañas, Camiño da Praia e estacionamento público 298.579,19 €
8 Proxecto de acondicionamento rúa A Baixada a Igrexa e Camiño das Fontes en Santa Mariña 525.000,00 €
9 Proxecto de ampliación e acondicionamento de viario de unión entre Pradobó e O Pereiro 796.999,13 €
10 Proxecto de acondicionamento da rúa Vía Vella-Santa Ana do Pino 329.791,55 €
11 Proxecto de acondicionamento da rúa de Eirasvedras-San Miguel de Canedo 100.554,58 €
12 Proxecto de renovación do pavimento, firme e rede de sumidoiros na rúa Ribeira de Canedo 268.450,12 €
13 Proxecto de humanización da rúa do Sol, Boa Vista e do Campo-Eiroás 740.000,00 €
14 Proxecto de acondicionamento Camiño da Pedreira-Seixalvo 126.577,80 €
15 Acondicionamento de espazos urbanos na cidade de Ourense, rúa Vázquez Núñez 493.772,49 €
16 Proxecto de instalación de elevador na Cruz Alta-A Milagrosa 1.300.000,00 €
17 Proxecto de instalación de elevador na rúa Avilés de Taramancos (a altura da ponte de Ervedelo) 250.000,00 €
18 Proxecto de eliminación de punto de vertido no regato do Chis-rúa da Marquesa-Rairo 186.297,18 €
19 Proxecto de conexión da rede de saneamento Santa Mariña- Praza das Fontes coa rede xeral de Rairo 311.716,00 €
20 Proxecto de ampliación de iluminación pública N-120, Santa Cruz 83.504,05 €
21 Proxecto de acondicionamento e mellora de rúa Bedoya (entre a súa intersección coa rúa Paseo e coa avda. de Bos Aires 280.000,00 €
22 Mellora de firme e pavimentos na rúa Pardo de Cela (dende a Praza Concepción Arenal ata a Ponte do Milenio) 236.000,00 €
23 Rehabilitación do firme nas rúas Nª Señora da Saínza e Ramón Puga Noguerol 428.000,00 €
24 Proxecto de continuidade ao paseo da marxe do río Barbaña entre A Molinera e a Ponte Irmáns Xesta 128.940,84 €
25 Proxecto de humanización da Canella do Barbaña-Pozo do Inferno 250.000,00 €
26 Proxecto de urbanización do Campo do Outeiro e rúa do Outeiro, en Velle 426.341,53 €
TOTAL 10.417.425,13 €
FINANCIAMENTO AUTONÓMICO E LOCAL
Acordo:
1º. Instar ao Goberno do Estado, no que atinxe a financiamento autonómico, a instrumentar, de maneira inmediata, un crédito non retribuído coas Comunidades Autónomas cuxa devolución se compensará coas entregas a conta que o Goberno ten pendente liberar, e a que adoite as medidas que sexan necesarias para que as Comunidades Autónomas reciban, o antes posible, os anticipos a conta que lles corresponden, tal e como obriga o artigo 11 da LOFCA.
2º. Solicitar ao Goberno que remate co bloqueo de recursos financeiros de concellos e deputacións e pide que se avalíe o impacto destes impagos, e ínstalo a compensar os 2.496 millóns de euros de desfase do IVE que se xeraron trala implantación do Sistema Inmediato de Información (SII), e a convocar urxentemente o Consello de Política Fiscal e Financeira para, entre outros temas, buscar unha solución definitiva que impida o bloqueo das entregas a conta das CCAA por parte do executivo.
3º. Instar ao Goberno do Estado a que dea a coñecer o impacto ocasionado nas entidades locais da provincia de Ourense e a que dea a coñecer as solucións que vai adoitar o executivo para resolver este problema de financiamento.
4º. Solicitar que o Goberno do Estado explique cales son as razóns polas cales, a data de hoxe, non ten cumprido as súas obrigas legais e de base constitucional, para transferir a actualización dos recursos derivados da Participación en Ingresos do Estado e do resto de recursos financeiros que corresponden ás Entidades Locais da provincia de Ourense; e demanda coñecer cando e de que modo vai cubrir o Goberno o esforzo orzamentario que están facendo as Entidades Locais para atender o incremento das retribucións dos empregados públicos das Entidades Locais previsto no Real Decreto Lei 24/2018, de 21 de decembro, polo que se aproban medidas urxentes en materia de retribucións no ámbito do sector público na provincia de Ourense.
5º. Instar ao Goberno a que informe a que importe ascenden os recursos pendentes de librar polo Ministerio de Facenda a cada un dos concellos da provincia de Ourense.
DEFENSA DA SUSTENTABILIDADE DO SECTOR AGROGANDEIRO NA LIMIA
Acordo:
1. Adoitar, todos os partidos políticos, que forman parte da Corporación desta Deputación Provincial, un compromiso común –que sexa referendado nunha Mesa de Firma –en defensa e protección do sector agrogandeiro na procura de solucións en prol dunha comarca sostible coa consecuente mellora das súas augas; en definitiva que permita o cumprimento e adaptación paulatina e progresiva as directivas europeas.
2.Instar á Consellería de Medio Rural e ao GDR da Limia para que convoque de xeito inmediato á Mesa da Limia para a creación dos Grupos de Traballo, pro-metidos polo Conselleiro, con todos os axentes implicados e afectados:
- Concello de Xinzo de Limia.
- Deputación Provincial de Ourense – Inorde.
- Confederación Hidrográfica Miño-Sil.
- Coren.
- Adegal.
- Asociación de Produtores da Pataca.
- Asociación Auga Limpa Xa¡.
- Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida PATACA DE GALICIA
3.Esixir ao Concello de Xinzo de Limia que asuma as súas responsabilidades polo danos que poidan sufrir no sector produtivo agrogandeiro, polo deficiente estado das infraestruturas(depuradoras) e aporte un informe exhaustivo do estado no que se atopan as devanditas instalacións en toda a comarca.
4.Trasladar a COREN que adoite medias de control e seguimento, tanto das instalacións propias como de todas aquelas granxas que os representan na Co-marca, en aras dunha mellor xestión dos residuos, para evitar o deterioro das nosas terras e os nosos ríos.
5. Así mesmo, instar a Confederación Hidrográfica Miño-Sil a que, de maneira inmediata, limpen os leitos e as canles para evitar maiores problemas e permita avanzar neste grave problema e adoitar unha solución definitiva.
6.Trasladar a Consellería de Medio Rural que estude a posibilidade de crear unha liña de axudas específicas para promover infraestruturas máis modernas e respectuosas co medio ambiente e que permitan adaptar a maquinaria existente.
7.Trasladar ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación–Ministerio para la Transición Ecolóxica, que estude a posibilidade de firmar un convenio coas diferentes administracións e institucións para a creación dunha gran planta de Almacenamento e Transformación de Xurros.
COCIÑA DO COMPLEXO HOSPITALARIO UNIVERSITARIO DE OURENSE
Acordo:
Instar á Xunta de Galicia a garantir o persoal traballador da cociña do CHUO, comprometéndose a manter os actuais postos de traballo é a negociar, coas organizacións dos traballadores, se isto fora necesario, para asumir o aumento da carga de traballo, e garantir a calidade coa que se debe prestar este servizo público fundamental.
VIOLENCIA MACHISTA
Acordo:
1. Expresar o recoñecemento da Corporación ás mobilizacións desenvolvidas polo feminismo galego.
2. Comprometerse a incrementar os recursos económicos destinados á prevención e loita contra a violencia machista no vindeiro exercicio económico.
3. Demandar do goberno central:
a) o incremento cando menos no dobre as contías destinadas á administración local para o vindeiro exercicio económico, procurando os mecanismos legais oportunos para garantilos con independencia da situación política estatal e da existencia ou non de novos orzamentos.
b) a reformulación dos criterios de reparto para que se teñan en conta as especificidades do noso país como son a dispersión, o alto número de entidades de poboación e o avellentamento para que Galicia deixe de estar discriminada a ese respecto.
c) impulsar as medidas oportunas para o cumprimento do Convenio do Consello de Europa sobre prevención e loita contra a violencia contra a muller e a violencia doméstica (Convenio de Istambul)
3. Demandar da Xunta de Galicia:
a) Un incremento substancial dos recursos económicos destinados especificamente a loitar contra a violencia de xénero que, como mínimo, deben situarse no 1% dos orzamentos da Xunta de Galicia para o ano 2020.
b) Solicitar do goberno galego un incremento dos recursos económicos destinados especificamente a loitar contra a violencia machista no vindeiro exercicio orzamentario, así como a aprobación de partidas económicas para dotar de máis persoal especializado en violencia de xénero os medios que existen e que fagan posible unha maior cobertura nunha parte importante do territorio que hoxe carecen deles. Dando así cumprimento á Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega, para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
DEFENSA DO MAPA DE TITULACIÓNS DO CAMPUS DE OURENSE
Acordo:
Que desde a Deputación de Ourense se inste á Universidade de Vigo e á Xunta de Galicia a recuperar, con carácter inmediato, o dobre grao de Informática e ADE, que nunca tivo que ter sido pechado; se impulse a carreira de Aeronáutica coa implantación en exclusiva do Máster en Enxeñería Aeronáutica; e se incorporen novas titulacións de grao que permitan manter a competitividade do noso campus.
DECLARACIÓN INSTITUCIONAL DE EMERXENCIA CLIMÁTICA
Acordo:
A declaración da Conferencia das Partes da Convención das Nacións Unidas para o Cambio Climático celebrada en París en 2015, estableceu uns obxectivos vinculantes para os 195 países asinantes a través dun plan de acción mundial para limitar o aumento da temperatura media global por debaixo de 2ºC e o máis cerca posible dos 1,5ºC.
A Unión Europea asumiu os compromisos do Acordo de París na Decisión (EU) 2016/1841 do Consello de 5 de outubro e España ratificou o citado acordo en 2017 (BOE núm. 28, de 2 de febreiro de 2017).
A Deputación de Ourense, consciente da importancia que o cambio climático ten a escala ambiental, social e económica, porá en marcha políticas para diminuír as emisións de gases de efecto invernadoiro ao longo da provincia que contribúan, así mesmo, a lograr obxectivos de mellora medioambiental a nivel autonómico, nacional, europeo e mundial.
O cambio climático non distingue fronteiras e as consecuencias derivadas do mesmo xa son palpables a todos os niveis en todas as partes do mundo. Ourense non é allea aos efectos deste cambio, e o goberno provincial apostará, decididamente, por levar a cabo medidas e políticas que limiten estes impactos e que potencien a afouteza da provincia.
Por outro lado, a sociedade civil, cada vez máis concienciada co respecto ao medio ambiente e a necesidade de limitar os efectos antropoxénicos sobre o medio natural, está esixindo aos gobernos de todo o mundo que leven a cabo medidas efectivas para elo.
Recoñecendo, polo tanto, a necesidade de dar unha resposta urxente e eficaz a ameaza apremiante do cambio climático, de responder as esixencias da sociedade e de cumprir os acordos adquiridos a escala internacional, conforme aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030, a Deputación de Ourense, aproba a presente Declaración de Emerxencia Climática cos seguintes compromisos:
1. Contribuír de forma efectiva e con políticas concretas a frear a ameaza do cambio climático mediante a redución de gases de efecto invernadoiro, aproveitando esta oportunidade para transitar cara un modelo de desenvolvemento sostible.
2. Fomentar unha transición enerxética xusta socialmente e responsable coa biodiversidade no seo dunha planificación provincial que promova o emprego das enerxías renovables e incentive o aforro e a eficiencia enerxética impulsando a súa modificación, se fora necesario, para adaptala as novas esixencias da Unión Europea, animando o autoconsumo e reducindo a demanda de enerxía.
3. Impulsar un plan de fomento das enerxías renovables e o autoconsumo no sector público provincial.
4. Avanzar no desenvolvemento de modelos de mobilidade sostible mediante o fomento do transporte público e o uso da bicicleta, así como de vehículos de baixas emisións.
5. Apoiar a xestión do territorio freando a erosión e recuperando a terra fértil e os ecosistemas, protexendo a biodiversidade e reforzando a silvicultura adaptativa e sostible.
6. Impulsar o uso sostible da auga como recurso vital para Ourense, deseñando e levando á práctica unha nova cultura do líquido elemento na que a xestión axeitada e a redución da pegada hídrica garantan a sostibilidade do noso sistema produtivo e o mantemento dos ciclos e ecosistemas naturais que posibiliten a súa rexeneración.
7. Situar ao sector agroalimentario ourensán como referente en sostibilidade, impulsando a agricultura ecolóxica e de proximidade que aseguren a calidade alimentaria, así como a súa adaptación ao cambio climático a través da investigación, o desenvolvemento e a innovación. Para elo terase en conta, entre outras, a normativa europea de auga e biodiversidade, impulsándose a formación e o asesoramento nesta materia.
8. Mellorar a prevención fronte aos riscos derivados de desastres climáticos, e realizar estudos de avaliación dos efectos e o impacto do cambio climático sobre o medio ambiente, a saúde ou os bens, e reducir a súa vulnerabilidade
9. Fomentar a conciencia social, especialmente en idades temperás, para a sensibilización sobre o cambio climático e os seus efectos, mediante a implementación de medidas preventivas de natureza educativa.
10. Identificar e apoiar aos sectores económicos e sociais vulnerables, ben polos efectos do cambio climático sobre estes ou ben pola transición cara modelos produtivos de baixas emisións, con especial atención ao terceiro sector e ao medio rural. Prestarase atención especial ao mantemento e fomento do emprego en ditos sectores.
11. Orientar as accións mediambientais realizadas cara a converxencia cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e a Axenda 2030.
12. Incorporar a perspectiva de xénero na loita contra o cambio climático, de modo que as mulleres e os homes contribuamos por igual a responder ante este desafío común.
13. Colaborar e promover este compromiso entre os concellos da provincia impulsando a súa adhesión ao Pacto das Alcaldías polo Clima e a Enerxía Sostible, co obxecto de levar a cabo medidas de adaptación ao cambio climático.
14. Trasladar á Xunta de Galicia a presente declaración e solicitar que se adhira coa súa aprobación institucional para sumar esforzos neste desafío común.