O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participa na presentación do proxecto "As letras de Florencio", sobre o poeta valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán, unha iniciativa que ten como obxectivo revitalizar a súa figura a través de actividades educativas, culturais e de turismo. O acto terá lugar na Casa do Pobo de Córgomo, en Vilamartín de Valdeorras, e nel participarán tamén o presidente do Instituto de Estudos Valdeorreses, Aurelio Blanco Trincado, e a directora do proxecto, Débora Álvarez.