O presidente da Deputación, Luis Menor, participa na inauguración da Festa do Pemento de Arnoia

Compartir

Arnoia, 4 de agosto de 2023.- Na Queixeira, no concello de Arnoia, tivo lugar a última hora desta tarde a inauguración da XLIV Festa do Pemento, acto que contou coa presenza do presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor.

Acompañado doutras autoridades e representantes institucionais e de entidades ourensás, Luis Menor percorreu o recinto no que durante esta fin de semana vanse degustar 3.000 quilos de pemento, ademais de ofrecer un amplo programa de actividades para amenizar os días de festa.