A Deputación de Ourense colabora na rodaxe do programa Maestros de la costura
Ourense, 17 de outubro de 2019.- A Deputación de Ourense colabora na rodaxe do primeiro capítulo da nova tempada de Maestros de la costura, programa que se rodou en diferentes localizacións da provincia. O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, saudou no centro cultural "Marcos Valcárcel" a integrantes do equipo técnico e artístico e aos protagonistas do programa, entre os que figuran Raquel Sánchez Silva, Lorenzo Caprile, María Escoté e Alejandro G. Palomo.