Cooperación entre a Deputación e o Consello da Cultura Galega para pór en valor a figura de Alfonso X El Sabio

Compartir

Ourense, 18 de outubro de 2019.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu hoxe no Pazo Provincial á presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, con que analizou ámbitos de cooperación entre ámbalas dúas entidades, salientando que a Deputación de Ourense colaborará na exposición prevista para o ano 2021 co Consello da Cultura Galega en relación ás Cantigas de Santa María e tamén poñendo en valor os 800 anos do nacemento de Alfonso X El Sabio. Manuel Baltar e Rosario Álvarez concordaron na importancia de levar a cabo actuacións que contribúan a conservar e promover a riqueza do noso patrimonio histórico-cultural, citando como exemplo o evento celebrado hai un mes en Montederramo onde ámbolos dous participaron no acto de presentación do libro Mosteiro de Montederramo. Colección documental e índices, do que é autor o filólogo Ramón Lorenzo, un volume de alto valor no ámbito da investigación e do coñecemento do galego medieval.