- Na Sala de Xuntas do Pazo Provincial terá lugar mañá martes, 14 de novembro, a presentación do libro "Escola e Real Banda de Gaitas 1985 - 2016". O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do director da Escola Provincial de Gaitas, Xosé Lois Foxo; e do xornalista, José Luís Blanco Campaña.