O centro cultural "Marcos Valcárcel" estrea "Transitar a ruína", de Neves Seara

Compartir

  • A exposición, que será inaugurada hoxe ás 19.00 horas, poderá visitarse ata o 24 de novembro.

Ourense, 24 de outubro de 2019.- O centro cultural "Marcos Valcárcel" estrea unha nova mostra, "Transitar a ruína", obra da artista ourensá Neves Seara, que amosa as etapas de duelo a través de instalacións, poesía e fotografía. A presentación da exposición tivo lugar hoxe no centro cultural, acto no que participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o director do centro cultural, Francisco González; e a propia artista.

O vicepresidente da Deputación de Ourense lembrou que un dos obxectivos do centro cultural é "dar oportunidades ao talento por elo, presentamos esta exposición, obra dunha artista que xa foi recoñecida co segundo premio da XII edición do Certame de Artes Plásticas que convoca a Deputación de Ourense". Neste mesmo sentido, Francisco González sinalou que este centro aposta "polos artistas mozos, que son os que máis precisan do apoio institucional para impulsar a súa traxectoria, pero prestando tamén especial atención aos artistas ourensáns, requisitos que cumpre a artista protagonista desta mostra".

"Transitar a ruína" é un percorrido que debe lerse de esquerda a dereita e que ten un comezo, un nó e un desenlace, polo tanto o espectador deberá comezar a súa visita desde a parte esquerda da sala para percorrer a obra de Neves Seara, autora de tódalas fotografías e poemas empregados na exposición.

Nesta exposición, Neves Seara amosa unha "metáfora dun proceso de duelo e de tódolos procesos de dificultades emocionais, laborais e persoais, que poden vivir calquera persoa e, aínda que está orientada cara as mulleres porque o temos máis complicado, en realidade todos poden verse reflexados neste tránsito", explicou a artista. Ademais, a artista dixo que considerou necesario "pasar por todas estas emocións do duelo, nomealas, e darlles forma a través de cada unha das obras e dos poemas, e despois diso camiñar por este tránsito para poder transcendelo e chegar a unha etapa que comeza hoxe coa inauguración desta exposición. Unha etapa que, unha vez superadas tódalas emocións tan difíciles e dolorosas, coller a forza que nos permite transitar estas emocións e volver a brotar".

Tal e como explicou Neves Seara, "Transitar a ruína" é un percorrido metafórico polas diferentes etapas dun duelo. Sete anos que comezan no abismo máis grande do deserto e que continúa na seguinte etapa onde a dor está tan integrada que se converte en algo íntimo que te acompaña todo o tempo. Posteriormente chega o proceso ansioso no que te sentes atrapada, como nunha cárcere. A seguinte obra representa a etapa na que intentas reconstruír a ruína pero a evidencia é que esa dor te acompaña alá onde vaias. Chega despois o momento no que me poño a escribir os poemas que me permite soltar este duelo. As últimas fotografías non só amosan a ruína, senón a natureza brotando deses restos. Pero, a exposición non remata aquí, senón co catálogo e co poema acompañado cunhas sementes para que a xente leve algo as súas casas e poidan facer xermolar ante calquera adversidade".

A inauguración oficial da exposición será hoxe ás 19.00 horas.