Novo formato da Copa Deputación, duplicándose os ingresos para os clubs

Compartir

Ourense, 30 de outubro de 2019.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu hoxe no Pazo Provincial ao presidente da Real Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, con que analizou temas referidos ás diferentes competicións futbolísticas que se disputan na provincia, e tamén cuestións relativas a infraestruturas deportivas. Na reunión, na que tamén participaron o asesor de Deportes da Deputación, Bernardino González; o vicepresidente da Federación, José Manuel Fernández, e o delegado da Federación en Ourense, Raúl Rois, acordouse que a Copa Deputación de Fútbol terá un novo formato, duplicándose os ingresos para os clubs. Baltar e Louzán acordaron tamén que en 2021 se dispute a fase final da Copa Galicia no campo do Couto, entre os catro campións provinciais.