Rosendo Fernández recibe a participantes da "Escuela Internacional de Gobierno"
Ourense, 14 de novembro de 2019.- O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, recibiu hoxe no Pazo Provincial a participantes da "Escuela Internacional de Gobierno", que organiza o Instituto Internacional de Marketing e Comunicación, unha consultoría internacional especializada en comunicación institucional, social e corporativa, dirixida polo ourensá Eladio Jardón.
Nesta VIII edición da Escuela Internacional de Gobierno participan políticos de Colombia e México que coñeceron o funcionamento e a organización da institución provincial da man do vicepresidente da mesma. Esta escola preséntase como un programa formativo internacional que mestura a formación teórico-práctica con visitas ás principais institucións públicas galegas e do Estado.