Pleno infantil da asociación Amencer, no Pazo Provincial

Compartir

Ourense, 23 de novembro de 2019.- O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, recibiu hoxe no Pazo Provincial a integrantes da asociación "Amencer" de Ourense, que celebraron na Deputación un pleno infantil. No decurso do acto, Rosendo Fernández explicoulles as actividades e labores que desenvolve a institución provincial.