Máis de 5.000 visitantes, na exposición "Soliloquios", de Ramón Conde
Ourense, 5 de decembro de 2019.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visitou xunto ao escultor Ramón Conde a exposición "Soliloquios", que o artista exhibe no Centro Cultural "Marcos Valcárcel". A mostra, que o presidente do goberno provincial cualifica "de gran experiencia visual de formas e cores sobre o ser humano" ten recibido xa máis de 5.000 visitas e permanece aberta ao público ata o vindeiro 15 de decembro. Ramón Conde agradece á Deputación de Ourense o feito de poder expoñer no Centro Cultural "Marcos Valcárcel", "a sala máis querida de todas nas que expuxen".