Manuel Baltar destaca no 41ª aniversario da Constitución "o modelo de consenso e progreso que significa a Carta Magna"

Compartir

Ourense, 6 de decembro de 2019.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, destacou hoxe, no acto de celebración do 41º aniversario da Constitución española, celebrado do Auditorio de Ourense, "a sapiencia" da Carta Magna, "tanto que a súa modificación require de altas doses de consenso" e cualificouna de "instrumento de progreso, obxecto de estudo xunto á Transición española". O presidente do goberno provincial salientou que a Constitución certifica "a igualdade dos españois ante a lei", e valora como fundamental que a Carta Magna "recoñeza o papel dos gobernos provinciais".

Baltar -quen participou no acto de entrega de distincións institucionais e de premios aos escolares participantes no concurso temático sobre a Constitución- dixo que os desafíos dos novos tempos "serían imposibles de realizar sen a Constitución de 1978, unha norma que marcou e marca o progreso e modernización do Estado español e que supuxo unha garantía para a prestación de servizos públicos".