Manuel Baltar e Ethel Vázquez analizan as actuacións de infraestruturas en Ourense

Compartir

Ourense, 13 de decembro de 2019.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu hoxe no Pazo Provincial á conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, con quen repasou as actuacións que este departamento da Xunta desenvolve na provincia de Ourense e o estado actual de execución de cada unha delas, centrando especial interese no enlace da A-52 co Polígono de San Cibrao, nos avances relativos ao transporte urbano e no que atinxe á xestión da auga.