Presentación e lanzamento en Europa de Termatalia 2020, en FITUR

Compartir

Ourense, 23 de xaneiro de 2020.- O presidente da Deputación de Ourense e da asociación termal europea EHTTA, Manuel Baltar, participou hoxe en FITUR, en Madrid, na presentación e lanzamento en Europa da Feira Internacional de Turismo Termal, Saúde e Benestar-Termatalia 2020, que se celebrará en Entre Ríos (Arxentina) entre o 17 e o 18 de setembro e que convocará a profesionais de máis de 25 países. Entre Ríos, declarada "Capital Nacional dos Circuítos Termais", é a provincia con maior número de establecementos termais de Arxentina.