Concello e Deputación agradécenlle ao hotel Princess que se dispoña a aloxar aos efectivos da Brilat de forma gratuíta

Compartir

  • Desta forma, as institucións non terán que asumir o custe fixado inicialmente, toda vez que a xerencia decide pór o hotel a disposición dos militares durante a súa estancia en Ourense.
 
Ourense, 30 de abril de 2020.- O Concello de Ourense e a Deputación Provincial queren ter un recoñecemento para a dirección do hotel Princess, que ofrece as súas instalacións, sin ningun tipo de cueste, para que se aloxen 50 efectivos da Brilat, que serán os que finalmente se desplacen a Ourense, aunque inicialmente se había comunicado que serían da UME. Durante tres días, do 1 ao 3 de maio, realizarán diferentes actuacións, todas elas vinculadas os traballos de desinfección de residencias e espazos de xeriatría, coas que se pretenden contribuír á posta en marcha de medidas de prevención pola COVID19.
 
Inicialmente, e despois dos contactos mantidos, as dúas administracións amosaran a súa intención de asumir o custe fixado para o aloxamento o cincuenta por cento, un total de 3.000 euros. Porén, a xerencia do establecemento hoteleiro, logo de acadar a correspondente autorización -desde o Real Decreto de situación de alarma permanece pechado-, comunicoulle tanto ao Concello coma á Deputación a súa decisión de pór a disposición dos soldados a súas instalacións sin ningún custe.
 
Así, o establecemento hoteleiro acollerá os soldados, que serán os únicos que permanecerán nesas instalacións, como persoal de “primeira liña” para axudar a combater a pandemia. A decisión de optar polo hotel Princess produciuse tendo en conta o seu emprazamento, próximo á Comisaría da Policía Nacional, campo base de todos os vehículos que utilizarán para os desprazamentos e diferentes tarefas encomendadas.
Unha decisión, a da xerencia do establecemento hoteleiro, que ten o recoñecemento tanto por parte do alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, que pon de manifesto “o compromiso real de unha empresa ourensá neste momento tan difícil, e tendo en conta que permanece pechado dende o inicio la declaración de situación de alerta”.
 
Pola súa banda, o presidente da Deputación, Manuel Baltar, ten un recoñecemento para “unha empresa con vontade de colaborar”, e amosando ese “compromiso de cooperación que temos nesta provincia, neste caso concreto por parte do sector empresarial”, para prestar un “importante servizo” directamente relacionado coa “seguridade sanitaria”.