Acto de homenaxe a Carlos Casares.-

Compartir
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participa no Liceo de Ourense no acto de homenaxe a Carlos Casares e ás Institucións Galegas, que organiza o Parlamento de Galicia. No acto tamén participará o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices; o presidente da Fundación "Carlos Casares", Xabier Casares; o presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes; o presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares; o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez; e Hakan Olof Casares, en representación da familia Casares.