A comisión informativa de Cultura tratará o outorgamento de título honorífico de Fillo Adoptivo da provincia de Ourense a Buciños

Compartir


Ourense, 17 de xuño de 2020.- As comisións informativas da Deputación de Ourense celebrarán hoxe e mañá as súas xuntanzas, correspondentes ao mes de xuño, a través de videoconferencia. Na xornada de hoxe terán lugar as comisións informativas de Transparencia, Facenda e Cooperación, mentres que na xornada de mañá xoves, 18 de xuño, será a quenda para as comisións informativas de Termalismo, Cultura e Reto Demográfico.

A comisión informativa de Cultura, Deportes e Mocidade tratará a ratificación da decisión de iniciar expediente para o outorgamento de título honorífico de Fillo Adoptivo da provincia de Ourense ao insigne escultor Manuel García de Buciños Vázquez, e designar ao vicepresidente primeiro Rosendo Fernández como instrutor do expediente.

Por outra parte, a comisión informativa de Cooperación, Infraestruturas e Medio Rural abordará o cambio de titularidade das estradas autonómicas OU-211 e OU-400 a favor da Deputación de Ourense.