O pleno do Concello de Ourense celebrarase no Pazo Provincial segundo as directrices que comunique a Xunta de Galicia

Compartir

Ourense, 21 de agosto de 2020.- Coñecido o caso positivo de COVID-19 no Concello de Ourense, o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, comunica que o pleno do Concello de Ourense convocado para o vindeiro luns, 24 de agosto, no Pazo Provincial da Deputación de Ourense, celebrarase "segundo as directrices que comunique a Xunta de Galicia e sempre baixo a máxima prudencia e escrupuloso cumprimento de protocolos hixiénico-sanitarios", afirmou Baltar.