XII Festival Rebulir.

Compartir
- Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación da XII edición do Festival Internacional Rebulir. O acto contará coa participación do deputado provincial de Cultura, Manuel Doval; da delegada da Xunta en Ourense, Marisol Díaz; da directora xeral de Xuventude, Cecilia Vázquez; do alcalde de Ramirás, J. Carlos Rodríguez; e do director artístico do FIR, Alexandre Sotelino.