Proxecto "Raia Termal".-

Compartir
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, Francisco Marín, inaugurarán o Foro La Región sobre o proxecto "Raia Termal", rede de cooperación entre Ourense e o Norte de Portugal para potenciar a riqueza termal. No acto tamén participarán a secretaria de Estado de Portugal, Ana Mendes e os representantes das administracións locais nas que se contemplan actuacións no marco deste proxecto.