Presentación de tres publicacións sobre Carlos Casares

Compartir
.- Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar a presentación de tres publicacións sobre Carlos Casares: Homenaxe a unha Amizade. Carlos Casares; Lethes, (Cadernos culturais do Limia) nº 13 dedicado a Carlos Casares, e O legado dun escritor. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; do director da editorial Ir Indo, Bieito Ledo; do membro do Centro de Cultura Popular do Limia, Delfín Caseiro, e do director da revista Raigame, Xulio Fernández Senra.