- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibirá mañá mércores, 3 de xaneiro, a unha delegación do Colexio Oficial de Farmacéuticos de Ourense encabezada polo seu presidente, Vicente J. Álvarez, con motivo do centenario da entidade. O acto terá lugar no Salón de Plenos do Pazo Provincial. CONVOCATORIA SÓ PARA GRÁFICOS.